A explotación avícola típica en Galicia adoita ser de gran tamaño. Non emprega, salvo en determinados tipos de producións, terreo agrícola e conta cun censo duns 60-90 mil aves, sendo predominante a cría de polos sobre a produción de ovos. Este modelo de explotación é capaz de xerar unha facturación anual que rolda entre os 300.000 e os 600.000€.