Granxa tipo | Granxas de Vacún de Leite

Rede de explotacións gandeiras de Galicia

Granxa tipo de vacún de leite

O Grupo Operativo Rede de Granxas Modelo estableceu unha serie de elementos clave que permiten caracterizar e distinguir este sector respecto doutros modelos produtivos a nivel estatal. A partir destes criterios, nunha fase posterior podería seleccionarse un conxunto de granxas representativas sobre as que recoller información técnico-económica que permita facer un seguimento da situación do sector.

Como é a granxa típica de vacún de leite en Galicia?

A explotación típica de vacún de leite en Galicia adoita ser de carácter familiar e de moderado tamaño. Ocupa, por termo medio, entre 20 e 35 hectáreas e conta cun rabaño duns 50 a 90 animais, maioritariamente vacas leiteiras e becerras de recría. Este modelo de explotación é capaz de xerar unha facturación anual que rolda entre os 80.000 e os 200.000€.

Relevancia sectorial: Galicia representa o 45% do gando e 59% das explotacións profesionais de España.