A explotación típica de vacún de leite en Galicia adoita ser de carácter familiar e de moderado tamaño. Ocupa, por termo medio, entre 20 e 35 hectáreas e conta cun rabaño duns 50 a 90 animais, maioritariamente vacas leiteiras e becerras de recría. Este modelo de explotación é capaz de xerar unha facturación anual que rolda entre os 80.000 e os 200.000€.