Granxa tipo | Granxas de Pequenos rumiantes

Rede de explotacións gandeiras de Galicia

Granxa tipo de pequenos rumiantes

O Grupo Operativo Rede de Granxas Modelo estableceu unha serie de elementos clave que permiten caracterizar e distinguir este sector respecto doutros modelos produtivos a nivel estatal. A partir destes criterios, nunha fase posterior podería seleccionarse un conxunto de granxas representativas sobre as que recoller información técnico-económica que permita facer un seguimento da situación do sector.

Como é a granxa típica de pequenos rumiantes en Galicia?

A explotación típica de pequenos ruminantes en Galicia adoita ser de tamaño reducido. Ocupa, por termo medio, entre 15 e 20 hectáreas —principalmente dedicadas a pastos— e conta cun rabaño dunhas 300 cabezas, maioritariamente ovinos. Este modelo de explotación é capaz de xerar unha facturación anual que rolda entre os 40.000 e os 50.000€.

Relevancia sectorial: Galicia representa o 4% do gando e 1% das explotacións profesionais de España.