A explotación típica de pequenos ruminantes en Galicia adoita ser de tamaño reducido. Ocupa, por termo medio, entre 15 e 20 hectáreas —principalmente dedicadas a pastos— e conta cun rabaño dunhas 300 cabezas, maioritariamente ovinos. Este modelo de explotación é capaz de xerar unha facturación anual que rolda entre os 40.000 e os 50.000€.